publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres persoas resultaron feridas ao chocar un turismo e un microbús en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO GrovePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Tres persoas, un home e dúas mulleres, resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este luns ao chocar un turismo e un microbús en Lugo. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, a colisión tivo lugar sobre as 8,30 horas no quilómetro 500,5 da estrada N-VI na cidade de Lugo.

O 112 indicou que no microbús viaxaban o chofer, que saíu ileso, e outra persoa que resultou ferida de carácter leve, mentres que o condutor do turismo quedou atrapado no interior do vehículo, polo que foi necesaria a presenza dos bombeiros da cidade para liberalo.

Ao lugar, segundo indicaron fontes sanitarias, acudiron unha ambulancia asistencial e outra medicalizada para atender a tres persoas, que foron trasladadas ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes.

En concreto, en ambulancia medicalizada foi evacuado un home de 56 anos, A.L.G., mentres que na asistencial foron levadas dúas mulleres de 50 e 56 anos de idade.

CHOQUE NO GROVE

Por outra banda, sobre as 11,30 horas sucedeu outro sinistro polo choque de dous vehículos na estrada PO-316 ao seu paso polo termo municipal do Grove (Pontevedra).

O alertante indicou que as portas dun dos vehículos non abrían, polo que non podían retirar á ocupante do interior. Por iso, foron mobilizados axentes de Tráfico, así como os Bombeiros de Ribadumia e membros de Protección Civil do Grove, que confirmaron que a muller foi liberada.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou á muller ferida J.M.P., de 69 anos de idade, ao Hospital Domínguez, en Pontevedra.

14 de decembro de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.