publicidade hoxe

Touro aproba uns investimentos de 547.000 euros que chegarán a través do POS 2016 e do PAS 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro deu hoxe ‘luz verde’ a un investimento de 547.000 euros. O pleno celebrado hoxe aprobou os proxectos que figuran no Plan de Acción Social (PAS) 2015 e tamén os incluidos no Plan de Obras e Servizos (POS) 2016. Os dous plans teñen o respaldo da Deputación da Coruña. Os proxectos do PAS 2015 para Touro suman 373.595 euros, dos que o 65% teñen unha clara finalidade social. Son máis de 245.000 euros. Pola súa banda o POS destina 273.970 euros para o Concello de Touro. Desta cantidade, un total de 273.970 empregarense en investimentos en proxectos de infraestructuras no Concello. Outros 100.000 euros serán empregados en gastos correntes do propio Concello.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, do Partido Popular, destaca este ano a posta en marcha do PAS 2015. “Destina 373.500 euros ao noso concello; una cantidade considerable”, apunta o rexedor. Este plan, que pon a disposición dos Concellos da Coruña un remanente de 30 millóns de euros, pretende impulsar investimentos financieiramente sostibles. Ignacio Codesido destaca o “carácter social” destes investimentos e aclara que “van destinados a mellorar a vida dos veciños e veciñas do Concello de Touro e a favorecer  e facilitar a súa mobilidade a pé”.

A maioría dos investimentos do PAS 2015 no Concello de Touro irán destinados á recuperación e reparación dos accesos aos locais sociais. Por exemplo axeitánse os accesos aos locales sociais de Loxo (11.300 euros), de Ribeira  (12.000 euros) e da Casa da Cultura de Touro (40.900 euros). Tamén se farán e arranxarán sendas peonís aos locales sociais de Fao (22.750 euros), de Novefontes (11.300 euros), do Empalme de Vilar (23.100 euros) e ao local social de Turces (19.000 euros). Tamén están previstos o acondicionamento de espazos libres do entorno do local en Calvos (28.400 euros) . Outra parte dos investimentos do PAS 2015 teñen como obxectivo a reparación do interior do núcleo de Quintás (Circes) (8.300 euros) e tamén do interior do núcleo de Fonte Alvite (Andeade) (3.400 euros). E servirán para recuperar e restaurar o camiño de Turces a Circes (14.300 euros), o camiño de Dioño (Cornado) (11.400 euros), o camiño de Fonte Alvite á Estrada de Deputación (2.100 euros); o camiño na Quinta (Quión) (3.900 euros), unha cuneta de Seguridade na Rúa Río Ulla de Touro (22.000 euros) e unha senda peatonal en Pena (Touro), presupostada en 18.000 euros.

Pola súa banda, o pleno do Concello de Touro tamén aprobou os investimentos do Plan de Obras e Servizos para 2016. Neste caso o investimento total é de 173.900 euros. Outros 100.000 euros que figuran no POS irán para gastos correntes do Concello de Touro. A maior parte dos proxectos son infrestructuras viarias, reparación de camiños e recuperación do interior de núcleos de poboación. Por exemplo, destínanse 7.900 euros para un camiño interior en Goleta (Loxo), 2.000 euros para reparar o interior de Outeiro (Loxo); outros 3.000 euros nun camiño en Corneda (Prevediños); 8.841 euros nunha senda peonil en Foxás de Abaixo; 8.190 euros na ampliación da estrada de Foxás a Prevediños; 4.400 euros no camiño de Mince á AC-240 en Prevediños; 7.200 euros no camiño dos Muíños a San Pedro (Ribeira); 10.300 euros no acceso a Lañas de Arriba (Quión); 10.400 euros no camiño dende a estrada de Deputación a Valladolid (Quión) e13.400 euros unha senda peonil en Bentín (Touro), entre algún que outro proxecto.

15 de decembro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.