publicidade hoxe

Tahoces salienta a importancia da biomasa para impulsar investimentos capaces de xerar emprego e riqueza no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pino
A-
A+

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salientou hoxe en O Pino a importancia da biomasa como enerxía renovable capaz de xerar emprego e riqueza no rural galego. Neste sentido, lembrou, o Goberno galego está a desenvolver unha Estratexia Integral coa que aspira a “poñer en valor o monte galego, fixando emprego no rural, coa correspodiente mellora socieconómica; creando unha industria xeradora de riqueza e profesionalización da xestión forestal; e mellorando a xestión e rendemento dos nosos montes, coa conseguinte diminución no risco de incendios”.

Neste marco, Bernardo Tahoces salientou que a caldeira de biomasa instalada na Casa da Cultura municipal permitirá aforrar preto de 2.500 euros anuais en combustible, ao tempo que evitará a emisión de preto de 17 toneladas de CO2 por exercicio.

“Estamos a desenvolver unha verdadeira industria ligada á valorización enerxética dos nosos bosques”, destacou o director xeral, quen avogou por seguir a potenciar a cooperación como a mellor vía para poñer en marcha este tipo de iniciativas, que benefician de forma directa á cidadanía e ao tecido económico local.

Neste escenario, o director xeral resaltou que a orde de axudas para a implantación de caldeiras de biomasa está a contribuír a acadar unha maior demanda deste combustible, impulsando ata o de agora 2.000 novas caldeiras entre fogares, empresas e administración pública.

“Deste xeito, contribuímos ao incremento da demanda cunha maior implantación de caldeiras, que supoñen un maior mercado para pellets e estelas, e unha maior oportunidade para seguir desenvolvendo proxectos de innovación que permitan mellorar as caldeiras e os procesos”, sinalou Bernardo Tahoces.

9 de decembro de 2015 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.