publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sea acomete os traballos de limpeza dos terreos do parque empresarial da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), promotora da urbanización do parque empresarial da Laracha, iniciou hoxe as labores de limpeza e eliminación da vexetación que creceu ao longo dos últimos meses no ámbito do polígono industrial da Laracha.

Os traballos, que se realizan simultaneamente con dúas máquinas, estanse a acometer a instancias do Concello da Laracha, que solicitou a SEA a realización dos mesmos para manter en boas condicións os terreos que se atopan actualmente en situación de venda.

O Concello da Laracha xa realizara as labores referidas á eliminación da materia vexetal que foi crecendo en determinados puntos das rúas e beirarrúas do ámbito do parque empresarial, dado que a limpeza, mantemento e conservación en óptimo estado das infraestruturas viarias é competencia municipal.

Tamén operarios do Concello realizaron os correspondentes traballos de desbroce e retirada da maleza na totalidade das áreas verdes do ámbito do parque empresarial, así como nas parcelas de titularidade municipal cualificadas para albergar equipamentos.

21 de decembro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.