publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Salvaterra prepara os paquetes de alimentos doados na campaña de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+
Preparación dos paquetes de alimentos doados

Preparación dos paquetes de alimentos doados

O Departamento de Servicios Sociais e a súa Concelleira, Marta Valcárcel Gómez, preparan a entrega de paquetes de alimentos para o Nadal. O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Departamento de Servicios Sociais,  está inmerso en plena campaña de entrega de alimentos non perecedoiros ás  familias que están pasando por unha situación complicada, esta entrega de alimentos faise mensualmente a través dos alimentos doados, enviados por Cruz Vermella e os adquiridos polo propio Concello, co fin de conseguir unha dieta o máis equilibrada posible.

Este é o último mes do ano e o mes de Nadal, polo cal os paquetes de Nadal van implementados con algúns  produtos típicos destas datas e de agasallos para os mais cativos da casa, co fin de que  todos no fogar poidan desfrutar dunhas datas tan especiais, sobre todo para os nenos e nenas. 

Ao longo do ano, o Concello atende a máis de 200 persoas, entre as que se encontran un número elevado de menores, aos cales se presta unha especial atención, polo cal dende o Departamento de Servicios Sociais, dirixido pola Concelleira e 1ª Tte de Alcalde  Marta Valcárcel Gómez, dan as gracias a todas aquelas persoas e organismos que durante todo o ano colaboran con este programa de Alimentos.

18 de decembro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.