publicidade hoxe

Rey Varela mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de As Nogais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Nogais
A-
A+
O conselleiro de Política Social na reunión co alcalde das Nogais. Foto: A. Varela

O conselleiro de Política Social na reunión co alcalde das Nogais. Foto: A. Varela

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde das Nogais (Lugo), Jesús Manuel Núñez Díaz. Estes encontros enmárcanse na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello lucense e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

Neste sentido, alcalde e conselleiro avanzaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Concretamente, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de impulsar as infraestruturas sociais necesarias na localidade lucense e estudaron os usos sociais destinados a maiores que terá o centro xa construído.

15 de decembro de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.