publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Raquel Castro presenta en Salvaterra de Miño as súas dúas últimas obras de teatro infantil

Os dous últimos títulos de Raquel Castro que se presentan en Salvaterra

Os dous últimos títulos de Raquel Castro que se presentan en Salvaterra

A Casa de Cultura de Salvaterra de Miño acollerá o sábado 19 de decembro, ás 18.00 h., a presentación dos dous últimos libro de Raquel Castro; en concreto trátase de “A vendedora de palabras” e “A meiga e o emperador”. Estas dúas obras de teatro infantil son publicadas por Edicións Fervenza e pertencen á colección de teatro escolar “A pinguela” que xa acumula 89 títulos, dos cales 6 foron editados neste mesmo ano.

Na publicación destes dous libros contouse coa colaboración da Concellería de Cultura de Salvaterra de Miño, da promotora Bamarti, e da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Intervencións

No acto de presentación, entervirán a concelleira de Cultura de Salvaterra, Marta Valcárcel; o xerente da Promotora Bamarti, Fernando Martínez; os ilustradores dos libros, Alfredo Pérez e Xeila Farrapeira e a autora dos libros Raquel Castro.

Representación teatral 

Unha vez finalizada a presentación, o Grupo de Teatro ATA SEMPRE de Alxén representarán unha das obras presentadas, neste caso, “A meiga e o emperador” de Raquel Castro Martínez e dirixida por Cristina Alonso. O acto está aberto a todos os públicos e a entrada é de balde. 

Sobre a autora 

Raquel Castro é veciña de Salvaterra de Miño e actualmente exerce de profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario. Non obstante, leva dedicándose ao teatro dende o ano 1999, momento en que comezou a dirixir o grupo amador ATA SEMPRE de Alxén. 

Destacar que na súa traxectoria teatral impartiu clases e escribiu obras para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. Na actualidade dirixe o grupo de teatro da SDC de Salvaterra.

No seu haber conta con diversos recoñecementos, entre os que destaca unha mención de honra coa obra “As terapias da Doutora Ledicia” nos Premios Estornela de teatro de 2014, convocados pola Fundación Xosé Neira Vilas.

18 de decembro de 2015 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.