publicidade hoxe

Programación de Nadal no Concello de Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

OBRADOIROS DE NADAL

Actividade dirixida aos máis pequenos. Do 21 de decembro ao 30 de decembrode 10:00h. a 13:30h. na biblioteca.

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DESEÑADAS POLOS NEN@S DO CEIP XOAQUÍN LOURENZO

Visita á exposición do día 22 de decembro ao 10 de xaneiro na planta baixa da casa do concello. Sorprenderaste!!

VI CONCURSO DE BELÉNS

Se elaboraches un Belén… artesanal? orixinal? artístico? Este é o teu concurso!! Recollida de inscricións e información na biblioteca ou nas oficinas do concello. Prazo de inscrición ata o día 23 de decembro.

OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NEN@S

Día 23 de decembro ás 11:00h. no salón de actos do concello, en colaboración co obradoiro Terras de Rosendo.

ISISTORIAS DE NADAL

Día 27 de decembro ás 20:00h. no salón de actos do concello. Monólogo cómico interpretado por Isi. Espectáculo enmarcado no programa Nadal en Rede 2015 da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta.

OLIMPIADAS DE INTERIOR

Divírtete nesta maratón de xogos. Día 28 de decembro a partir das 17:00h. no pavillón de deportes. Para menores de 15 anos.

VISITA ao PARQUE DE ATRACCIÓNS “PAZOLANDIA”

O día 30 de decembro acompáñanos a Pazolandia. Para iso só terás que anotarte na biblioteca ou nas oficinas do concello antes do 18 de decembro. Cota de inscrición 2€/persoa. Límite de prazas. Só menores de 12 anos.

RECEPCIÓN DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE

O día 5 de xaneiro a partir das 17:30h. no salón de actos do concello. A continuación chocolatada. 

9 de decembro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.