publicidade hoxe

Os rapaces de Touro coñecen as pontes do río Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Obradoiro sobre as pontes do río Ulla

Obradoiro sobre as pontes do río Ulla

A nova Casa da Cultura, ubicada na zona de servizos de Fonte Díaz, acolleu estes días un obradoiro sobre ‘As pontes do Río Ulla’. Estivo dirixido aos nenos e nenas de Touro e tivo unha boa acollida. O obradoiro complementouse cunha exposición, basada no libro de investigación ‘As pontes do río Ulla’ de Henrique Neira, onde se estudan as pontes, pontellas e pasos sobre o Ulla dende o seu nacemeno en Olveda (Antas de Ulla) ata a súa desembocadura.

Os nenos e nenas que participaron poideron coñecer estas pontes e tamén as pontes en ruínas localizadas e os lugares onde antaño houbo outras pontes. En total son 71. Na Casa da Cultura está aberta á exposición para todos os que queiran coñecela. Moi perto tamén está ubicado o novo Centro de Interpretación do Río Ulla, un espazo para darlle protagonismo e relevancia ao río que baña 19 concellos e divide, ainda que tamén une, a dúas provincia: A Coruña e Pontevedra.

7 de decembro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.