publicidade hoxe

Os cativos da escola infantil integral Dalila donan xoguetes para Siria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá, os nenos e nenas entre 2 e 3 anos da Escola Infantil integral Dalila (situada na rúa Lisboa) acudiron á casa da xuventude de Cangas para doar xoguetes aos nenos en situación desfavorecida de Siria. Educadoras, rapaces e as súas familias achegaron unha gran cantidade de xoguetes mostrando a súa gran solidariedade cos máis desfavorecidos. Dende a Concellería de Servizos Sociais recordan que dende o día 7 e ata o próximo 28 de decembro, voluntarios da Oficina Municipal “Cangas Voluntaria” seguen a recoller produtos para enviar a Siria.

A partires da semana que ven, a recollida farase de mañás de 10:00 a 14:00h. Ademais, queren facer fincapé na necesidade de recadar material sanitario, produtos de hixiene persoal, cueiros de bebé e alimentación infantil, comida enlatada sen porco, ademais de material didáctico e comida enlatada. A Concellería de Servizos Sociais quere agradecer á escola infantil Dalila a súa participación e anima á veciñanza a aportar a súa colaboración ata o vindeiro 28 de decembro.

17 de decembro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.