publicidade hoxe

Obradoiros de cultura urbana para a mocidade durante o Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Departamento de Mocidade oferta diversas actividades para a mocidade que se celebrarán en varias xornadas coincidindo coas vacacións escolares de nadal. A oferta de obradoiros está dirixida a mozos/as de 12 a 25 anos e centrarase na cultura urbana. Son de balde e para anotarse só hai que chamar ao teléfono do Concello, o 981 815 700.

Os obradoiros serán impartidos por profesionais do colectivo Vella escola e as disciplinas ofertadas son as seguintes: Beatbox que consiste na habilidade para crear música, sexan ritmos ou melodías, soamente cos recursos corporais, principalmente coa boca; Breakdance que estimula a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través do movemento; Graffiti que se centra nun xeito de comunicar as súas ideas e preocupacións a mocidade e Turntablism que é unha técnica utilizada polos DJs de hip-hop.

As actividades desenvolveranse en horario de 17:00 a 19:00 horas nas zonas de Cacheiras e Calo os días 21, 22, 28 e 29 de decembro. 

17 de decembro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.