publicidade hoxe

O Temple albergará un poboado do Nadal do 22 ao 24 de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O  Concello de Cambre instalará un poboado Nadal no Temple, nas rúas Parroco M. Cobas  e Celso Emilio Ferreiro que abrirá as súas portas os días 22, 23 e 24 de decembro. Trátase dunha iniciativa do departamento de Desenvolvemento Socioeconómico co obxectivo dinamizar o tecido comercial nestas datas e, por outra banda, coma punto de encontro para as familias durante estas datas tan sinaladas.

O Poblado estará composto por varias casetas ambientadas, un carrusel, postos de venta de artesáns con artigos de nadal e doces navideños e un moliño. Asemade, programáronse varios espectáculos circenses de máxia ou musicais para ambientar o poblado e co obxectivo de entreter aos nenos mentras os seus pais fan as súas compras de Nadal.

Nesta liña, a Asociación de Veciños do Temple participarán nesta iniciativa cunha actividade de Papa Noel pata entretener aos nenos mentras os seus pais fan as súas compras.  “Esperamos  que esta iniciativa axude aos comerciantes a mellorar as súas vendas, e por outra banda, pensamos que pode ser un punto de encontro entrañable para as familias cambresas nunhas datas tan especiais”, apuntou a concelleira de Desenvolvemento Socioeconómico, María Dolores García Fernández.

A Policía Local recorda que a instalación do poblado obrigará a pechar a circulación polas dúas rúas, Parróco M Cobas e Celso Emilio Ferreiro, durante os tres días. Asemade, o xiro a esquerda dende a rúa Constitución  tampouco se poderá facer.

18 de decembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.