publicidade hoxe

O Premio de Poesía Victoriano Taibo entrégase este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Europa Press

O próximo sábado día doce dos correntes, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, consistente en 3.000 € en metálico, unha peza escultórica conmemorativa, da autoría do artista miñorán Fino Lorenzo, e a publicación do libro premiado, o poemarioDo outro lado das portas, que será presentado neste acto.

Na gala participarán, ademais do autor, Iñaki Varela Pérez, a poeta gondomareña Marta Dacosta, que conducirá o evento, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que, dirixido por Luís Carballo, porá en escena unha dramatización deContos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

Este certame literario pasa por un momento moi difícil, pois necesita para ter continuidade o compromiso decido das administracións da zona; por iso desexamos acadar unha asistencia importante en apoio da consecución dun novo acordo que relance e consolide o prestixioso Premio de Poesía Victoriano Taibo.

9 de decembro de 2015 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.