publicidade hoxe

O mal tempo suspende catro traxectos marítimos entre Cangas e Vigo nunha hora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O temporal que afectou este luns a Galicia obrigou a navieira Mar de Ons a suspender durante unha hora o servizo marítimo que conecta os portos das localidades de Cangas e Vigo, véndose afectados un total de catro traxectos.

Segundo informou  a propia compañía, o servizo foi cancelado durante unha hora, concretamente entre as 14,00 e as 15,00 horas, como consecuencia das malas condicións meteorolóxicas.

Desta forma, víronse afectados dous traxectos con saída en Vigo e outros dous con saída en Cangas. Non obstante, a partir das 15,00 horas o servizo puido continuarse cun primeiro barco que partiu dende Cangas e ás 15,30 horas con outro dende Vigo.

28 de decembro de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.