publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O helicóptero traslada ao condutor dun camión bañeira que envorcou e quedou atrapado en Esperón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaLocal PortadaMonforte de LemosSanta CombaSucesos
A-
A+
Europa Press

O helicóptero medicalizado con base en Santiago desprazouse este mércores para trasladar ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) ao condutor dun camión bañeira que, tras envorcar, quedou atrapado contra o volante do vehículo.

Foi necesaria a axuda dos Bombeiros do parque comarcal de Ordes para sacar o ferido do interior do camión, que envorcara sobre o seu lado. Segundo informou o 112, o home estivo “consciente en todo momento”.

O suceso produciuse sobre as 14,00 horas na estrada que une Cerceda con Santa Comba, no lugar de Esperón. A vía foi cortada pola Garda Civil tanto para facilitar a aterraxe e o despegue do helicóptero coma para proceder á retirada do camión.

Á marxe deste accidente, outro camión, que transportaba serraduras, envorcou no corredor de Monforte de Lemos (Lugo) sobre as 13,15 horas. O ferido está liberado, de modo que non necesitou un equipo de excarceración.

9 de decembro de 2015 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.