publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dun camión resulta ferido tras saírse da vía no Saviñao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaO SaviñaoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida na madrugada deste martes tras saírse da vía o camión que conducía na localidade lucense do Saviñao. Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasada a medianoite deste martes no quilómetro 15 da estrada que une Escairón e Chantada, no Saviñao.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Chantada, que axudaron á vítima a saír do camión, así como da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario, que atendeu ao ferido.

Por outra banda, os servizos de emerxencias asistiron tamén durante esta madrugada a un motorista que sufriu un accidente ao fío da 1.00 horas na estrada PO-551, en Moaña (Pontevedra). A vítima foi evacuada ao Hospital Xeral de Vigo.

22 de decembro de 2015 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.