publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O concurso de tapas de Muimenta fai entrega dos premios aos agraciados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Os premios aos gañadores da XII edición do Concurso de tapas de Muimenta tivo lugar este luns 14 de decembro, a partir das 20:30 horas:

O público participante co seu voto, optaba a tres vales de cen euros cada un deles, a gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, nun máximo de trinta días dende a súa entrega. Os gañadores son:

- Carla García, de Barcelona
- Remigio Valle, de Goá (Cospeito)
- Pablo Pardo Lamela, de Castromaior (Abadín)

Mentras que a gañador do vale dos trescentos euros, (tamén a gastar nos negocios socios da Asociación de Empresarios de Muimenta), premio á ruta dos cinco bares, foi para Noelia Campo Villanueva, de Bazar (Castro de Rei)

Terán ata o vindeiro 14 de xaneiro para consumir ditos vales (un mes dende a súa entrega).

Asistiron os bares participantes, os premiados, parte da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, o Deputado Pronvincial Delegado da Área de Promoción do Territorio e Turismo, así como o Alcalde – Presidente do Concello de Cospeito. 

Lembramos que a sétima edición do Mercado de Nadal de Muimenta, sigue a funcionar ata o vindeiro marts 5 de xaneiro, con mil €uros en xogo, distribuídos en dez vales de cen euros cada un deles para a papeleta cuios tres últimos números do primeiro premio da lotería de Reis, participan 23 negocios do pobo.

15 de decembro de 2015 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.