publicidade hoxe

O Concello do Grove entrega este venres os premios das postais de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove entregará este venres os premios ás mellores postais de Nadal presentadas polo alumnado de educación infantil e primaria dos colexios do Grove. En total foron premiados oito rapaces e rapazas que recollerán o seu agasallo e o diploma acreditativo. O primeiro premio foi para Nacho Alfonso Turnes, de 5º A do CEIP Valle Inclán. O premio consiste nun lote de libros, material escolar e a publicación do seu traballo en forma de postal de Nadal dixital que será a empregada polo Concello para a realizar as felicitacións oficiais durante estas festas.

Outros sete nenos foron seleccionados como finalistas entre tódalas postais recibidas. Todos recibirán agasallos compostos de libros e material escolar. Os sete finalistas son Nerea Paez Agrelo de 2ºB, Emma Porto Caneda, de 4ºA, Ainoa Aguín Muiños de 5ºA e Yanina Iglesias Fernández de 6º, todas elas do CEIP Valle Inclán; Juanmi Muníz Barros de 3º de Primaria do CEIP as Bizocas; Yago Naveiro Pérez de 3ºB do CEIP Rosalía de Castro e Vega Rodríguez Vidal, de 3 anos da Escola Infantil Monte da Vila. Todos os debuxos participantes atópanse expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

Imaxinarium Naif 

Antes da entrega dos premios, ás 18.00 horas, comezará a tarde de diversión en familia co espectáculo Imaxinarium Naif a cargo de Expresión Producións. Trátase dunha combinación de teatro, maxia cómica e clown nun espectáculo familiar terapeútico moi peculiar onde se mestura o xogo, a comedia e a diversión. O humor e as sorpresas marcarán a tarde que rematará coa entrega dos premios. A entrada é libre. 

17 de decembro de 2015 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.