publicidade hoxe

O Concello do Grove convoca á veciñanza a unha charla informativa sobre o PXOM e os novos proxectos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Cumprindo co compromiso do Grupo do Goberno cos veciños e veciñas do Grove mañá mércores comezarán as charlas informativas para expoñer os procesos postos en marcha ata o de agora no relativo ao PXOM. Logo de presentar o avance aos grupos da oposición os membros do equipo do Goberno queren presentar a liña de traballo aos veciños e veciñas do Grove.

Na charla, que se celebrará mañá na Casa da Cultura, tamén se dará cumprida conta dos proxectos que a Deputación de Pontevedra ten aprobado na modificación dos fondos que estaban destinados ao Centro de Interpretación da Carpinteiría de Ribeira (CICRI). Trátase dunha serie de obras e proxectos que serán postos en marcha nas vindeiras semanas e que serán explicados pormenorizadamente aos cidadás. 

Contratación dun apoio técnico

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar as bases para a contratación dunha consultora técnica de apoio aos traballos de elaboración do PXOM. Segundo se explicou en charlas informativas anteriores, o peso do traballo recae no persoal de urbanismo do Concello pero é preciso un apoio técnico para o manexo da documentación e procedementos administrativos do PXOM. Por esa razón, e cos fondos destinados inicialmente pola subvención da Xunta, se procede a realizar esta contratación que se agarda que sexa efectiva nunhas semanas. 

1 de decembro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.