publicidade hoxe

O Concello anima aos afeccionados á cociña a participar no concurso “Picoteo de Centola” no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Dentro do programa de actividades das XIII Xornadas da Centola, e buscando darlle unha maior diversidade ás formas de preparación da Centola, tense convocado un concurso de cociña creativo aberto a tódolos interesados. Trátase dun concurso no que os participantes deberán presentar unha proposta de “picoteo” elaborado con centola do Grove e presentado en frío.

O xurado, que estará composto por profesionais do sector, elixirá o mellor “picoteo” que será galardonado con 150 euros. O acto será aberto para que o público poda ver as presentacións que os cociñeiros e cociñeiras presentan. 

2 de decembro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.