publicidade hoxe

O comercio de Betanzos celebrará unha nova noite de portas abertas este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

Betanzos acollerá o vindeiro venres 4 de decembro, unha nova edición da noite de portas abertas do Comercio de Betanzos NOITE&COMPRAS que se celebrará en horario de 17.00 h a 23.00 h.

Trátase dunha xornada na que os establecementos comerciais manterán as súas portas abertas ata preto da media noite ofrecendo descontos, sorteos, ou regalos polas compras… Ademais os comercios ofrecerán preparación de cócteles, degustacións, demostracións de produtos, aperitivos ou música en directo.

Participarán establementos de diferentes sectores: moda, calzado, festa, complementos, óptica, perfumería, regalos, etc.. Nesta ocasión participarán no evento BICOCA MODA HOME, CALZADOS PEPE GRANERO, COMERCIAL VEIGA, CONFECCIONES CHELA, CUORE BOUTIQUE, CUPLÉ, DANS COMPLEMENTOS, FREESIA, GRAF MODA JOVEN, METAMORFOSE, MULTIÓPTICAS BETANZOS, PERFUMERÍA ADREZZO e TIKISMIKIS.

Como novidade, a coñecida blogueira Cuca Olveira percorrerá os diferentes comercios participantes para promocionar posteriormente no seu blog as propostas e tendencias dos distintos negocios.

Con esta iniciativa preténdese dinamizar o sector comercial e hostaleiro así como activar o consumo en Betanzos nunha noite na que os establecementos contarán con decoración especial nos seus establecementos coa finalidade de contribuír a crear un ambiente festivo no comercio de Betanzos.

3 de decembro de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.