publicidade hoxe

O cine será protagonista no Nadal Cultural do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os membros do cineclube do Carballiño acompañaron o edil de Cultura, Diego Fernández, na presentación da programacion do Cine de Nadal, que aglutina varias proxeccions durante o tempo de Nadal, con cintas dirixidas a todolos públicos, e con especial atención o cine infantil.

Cineclube organizaou varios ciclos para estas datas, así os días 19, 21, 22 e 23 de decembro proxectarase o ciclo de cine Refuxiados, con catro longas que tratan este tema tristemente tan de actualidade. As cintas escollidas son District Zero, o 19 na casa da Cultura as 20:00; Benvido a Alemania o 21, Profesor Lazhar o 22 e Welcome o 23 de decembro. As proxeccións serán as 20:00 na Casa da Cultura en versión doblada, e as 22:30 no auditorio en VOS.

O seguinte ciclo de cine será o adicado os pequenos, con tres proxeccións. O día 21, as 18:00 no auditorio, “La canción del mar”, o día 22, a mesma hora e no mesmo lugar “La mecánica del corazón, e o día 23, tamen no auditorio as 18:00, “Del revés”. Todas as peliculas terán un precio de entrada de 3 euros, salvo a última pelicúla de cine infantil, Del Revés, ya que Cineclube, en colaboraura ca Cruz Bermella, darán unha entrada a cambio dun xoguete o alimentos para o banco de alimentos.

Pola súa banda o edil de Cultura lembrou que, todalas persoas que acudan tanto as xornadas de tapas, ou a calquer actuación programada polo concello no auditorio ou no Paco Chao, presentando aentrada neste lugares, terán unha rebaixa no prezo da entrada a calquera das pelñiculas programadas durante o Nadal.

15 de decembro de 2015 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.