publicidade hoxe

O Centro Social de Cabo de Cruz acolle a exposición “Menudoartegenial II” de Mónica Rivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O Real Decreto 1311/2012 establece que desde o 26 de novembro deste mesmo ano só poderán subministrarse produtos fitosanitario para uso profesional a aquelas persoas que teñan o correspondente carné. A norma busca un uso máis racional deste tipo de produtos e tamén un maior control da súa comercialización. O Concello e a asociación agroecolóxica A Cortiña están preparando un curso para a obtención deste título co obxectivo de organizalo no primeiro semestre de 2016. Está aberto o periodo de preinscrición, que poderá facerse a través de correo@sansadurnino.gal ou chamando ao 981 490 027.

A preinscrición é necesaria para saber canta xente estaría interesada neste curso, posto que para levalo a cabo fan falla un mínimo de 30 persoas apuntadas. Unha cifra que seguramente se acade en pouco tempo debido a que o carné será obrigatorio para aplicar a maioría de produtos, incluso para darlle unha pasada de cobre a un patacal coa sulfatadora, aínda que o Real Decreto tamén teña previstos “usos non profesionais” limitados a compostos xa envasados en aerosol ou que non revisten un perigo significativo nin para quen os manipula nin para o ambiente de acordo coa súa clasificación de toxicidade.

Moitos labregos e labregas teñen o carné desde hai tempo, pero aínda queda xente que aplica tratamentos nas súas hortas sen saber que deben cumprir a lei desde o pasado 26 de novembro. A normativa publicouse en 2012 como transposición dunha directiva europea de tres anos antes. O que vén dicir é que calquera persoa que vaia facer un uso profesional ou vender e fitosanitarios “deberán estar en posesión dun carné que acredite coñecementos axeitados para exercer a súa actividade” segundo os niveis de capacitación establecidos no Real Decreto. 

Neste sentido haberá catro niveis: o básico, o cualificado, o de fumigación e o de pilotaxe de aplicación (“piloto aplicador” na normativa para persoas que dean tratamentos desde aeronaves). Igual que ocorre cos medicamentos animais desde hai anos, agora as tendas deberán levar rexistro dos fitosanitarios que venden e a quen llos venden e, ademais, quen sexa profesional da agricultura tamén terá que asentar nun libro específico as cantidades que merca e as que aplique.

Iso é o que di a normativa e todo apunta a que de agora en diante se fará cumprir, habida conta de que houbo unha moratoria de tres anos para irse adaptando a ela. Por iso nestes momentos os cursos de obtención do carné para manipular fitosanitarios están tendo unha alta demanda. En San Sadurniño estase organizando un coa idea de levalo adiante no primeiro semestre do ano que entra. En principio trataríase da formación inicial no nivel básico, cunha duración de 25 horas das que 9 son prácticas. 

Quen teña interese en facelo debe chamar ao 981 490 027 ou mandar un correo a correo@sansadurnino.gal. As datas de inicio concretaranse tan pronto como haxa un mínimo de 30 persoas preinscritas.

7 de decembro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.