publicidade hoxe

O Carballiño acolle a primeira Gala de Artes Marciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O pavillón do Carballiño acolle esta sábado a I Gala de artes marciais e fitness Vila do Arenteiro. Este espectáculo deportivo conta ca colaboura da área de Deportes do concello do Carballiño, e está organizado polo Gimnasio Olimpia, Sonora Fitness e a escola KYO.

A gala comenzará as 10:00 horas, con seminarios abertos de Taekwondo, Hapkido, Boxeo, Zumba, Haidong Gumo, Judo, Pick Boeing e StripDance. Todolos que queiran partcipar nestes seminarios so teñen que pasar polo pavillón de deportes do Carballiño. 

O mesmo sábado 12 de decembro, dende as 16:30, comenzarán as exhibicións de Taekwondo, Haidong Gumo, Hapkido e Zumba, con entrada gratuita para todolos que queiran desfrutar desta xornada de deporte e espectáculo no Carballiño. 

Xunto coso organizadores colaboran tamen nesta gala a escola de artes marciais de Caldas de Reis, o gimnasio Marbel e Zenyin.

9 de decembro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.