publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O accidente dun camión obriga a cortar durante varias horas a A-52 en San Cibrao das Viñas

Europa Press

Un accidente entre un camión articulado e un turismo obrigou a cortar durante varias horas da noite a circulación da A-52 en dirección Ourense, á altura de San Cibrao das Viñas. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o accidente ocorreu sobre as 23.30 horas deste xoves no quilómetro 223 da A-52, en dirección a Ourense.

Aínda que finalmente non houbo que lamentar danos persoais de consideración, o camión -de gran tonelaxe- quedou atravesado na calzada, polo que foi necesario cortar o tráfico da vía. Finalmente, o vehículo foi retirado sobre as 2.30 horas da madrugada e puido reabrirse un dos carrís de circulación, mentres que o outro continúa pechado mentres que se realiza a limpeza da vía.

No operativo participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Pereiro de Aguiar.

18 de decembro de 2015 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.