publicidade hoxe

O 00943, quinto premio, deixa case catro millóns de euros en cinco localidades galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBandeLalínVilar de Santos
A-
A+
Europa Press

O número 00943, agraciado co cuarto dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, repartiu case catro millóns de euros nas localidades da Coruña, Lalín (Pontevedra), Bande e Vilar de Santos (Ourense).

Polo momento, este foi o premio que deixou máis premios en Galicia, grazas ás case 70 series que se venderon nas distintas administracións ás que estaban consignadas.

A administración número 20 de A Coruña, situada no Centro Comercial Los Rosales, repartiu 2.760.000 euros deste quinto premio tras vender a través de participacións a maior parte das 50 series consignadas ao establecemento, que adquiriron subscritores e clientes habituais.

Tamén na cidade da Coruña, na administración de lotaría do Centro Comercial Marineda City, vendeuse unha serie deste número, que repartiu 60.000 euros.

Un bo belisco caeu tamén en Bande (Ourense), onde a administración número 1, na Rúa do Pombal, vendeu practicamente todos os décimos das 20 series consignadas, preto de 1,2 millóns de euros.

Os restantes décimos do 00943 en Galicia foron vendidos a través de terminal electrónico en Lalín –dous décimos– e Vilar de Santos –un décimo–.

MOI REPARTIDO

Este premio recaeu na Coruña, Madrid, Ourense, Vizcaya, Cádiz, Barcelona, Burgos, Castellón, Guipúzcoa, Gerona, Islas Baleares, Sevilla, Toledo, Valencia, Zaragoza, Granada, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Albacete, Alicante, Almería, Álava, Asturias, Badajoz, Barcelona, Ciudad Real, Huelva, Las Palmas, Lérida, Málaga e Murcia.

O número foi cantado ás 10.25 horas no quinto arame da terceira táboa. Cantou o número Lorena Stefan, que xerou algo de confusión no Teatro ao equivocarse e cantar o ‘09.043’ fronte ao número realmente premiado, o ‘00943’. O premio cantouno Nicol Valenzuela Vázquez e extraeron as bólas Wendy Labode Valverde e Wilmer Alberto Gónzalez.

O Sorteo Extraordinario de Nadal reparte este martes 22 de decembro 2.240 millóns de euros en premios, cifra similar á do ano anterior, e os agraciados co ‘Gordo’ recibirán 400.000 euros ao décimo, con 640 millóns de euros a repartir con este premio principal.

Dende o ano pasado, Loterías y Apuestas del Estado (LAE) permite cobrar no mesmo día os premios do Sorteo de Nadal, a partir da tarde-noite do luns 22 de decembro.

22 de decembro de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.