publicidade hoxe

Noia acollerá o 19 de decembro o Campionato Galego de Combate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaNoia
A-
A+

Máis de 100 deportistas, entre eles hai medallistas estatais e internacionais, están inscritos no Campionato Galego Absoluto de Combate que se celebrará o sábado 19 de decembro en Noia. Este torneo é, coma todos os anos fundamental, xa que servirá para conformar a selección galega que participará no Campionato de España. En total no Campionato Galego Absoluto competirán 23 clubs galegos, 102 deportistas (41 mulleres e 61 homes), 25 árbitros e case 50 adestradores. A actividade comezará ás 09:00 horas e finalizará a última hora da mañá.

Poderemos gozar cun grande espectáculo neste campionato, xa que entre os inscritos están importantes deportistas, con medallas tanto a nivel nacional coma internacional como Katia Calvar (Mat´s) ou Sabela López (Patiño), que acaban de acadar a medalla de ouro no último campionato de España de clubs. Na categoría masculina hai homes tan destacados coma Xián Silva (Mace Sport) que acadou a medalla de bronce no Europeo sub 21 hai unhas semanas; David Ansede (Natural Sport), ouro no campionato de España de clubs; Pablo Fernández Eiras (Mace) ou Fernando Rascado (Natural), entre outros moitos.

17 de decembro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.