publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Múltiples actividades dan a benvida ao Nadal en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúa adoita organizar nos meses de decembro e xaneiro unha completa e variada programación de actividades centradas na celebración das festas do Nadal; nestes días pasados xa se desenvolveron parte dos actos previstos no cartel anunciador, así tivo lugar o Día do Comercio Local o pasado día 8 de decembro ou a votación popular do Concurso de carteis anunciadores da 41ª Festa do Queixo.

As actividades centrais, sen embargo, terán lugar nestes próximos días coincidindo coas datas máis sinaladas do Nadal; de feito, mañá venres, día 18, a Capela da Madanela acollerá a partir das oito e media da tarde o Festival de Nadal no que participarán o coro da residencia de Arzúa A flor dos anos e da Coral Polifónica de Melide formada por unha trintena de voces.

Na vindeira semana, os máis pequenos poderán gozar do cine no telecentro, o luns 21 coa proxección de Los Minions  ás seis da tarde; haberá tamén a Festa de Papá Noel o xoves 24, organizada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa. Durante esa tarde, de catro a sete, Santa Claus recibirá aos nenos e nenas de Arzúa no Recinto Feiral Terra do Queixo ou na praza da vila en caso de bo tempo. A festa contará cun inchable e con sorteo de diversos agasallos.

Pecharemos o ano cun recital musical a cargo da Rondalla Moraima o domingo 27 ás oito  da tarde na Casa da Cultura e o mago Chrystyan Magic traerá a Arzúa o seu espectáculo ‘Alén da Maxia’ o luns 28 de decembro ás cinco e media no recinto feiral.

As actividades terán a súa continuidade no mes de xaneiro coa exposición dos traballos participantes no Concurso de carteis anunciadores da 41ª Festa do Queixo e a celebración da tradicional Cabalgata de Reis o martes 5 de xaneiro a partires das cinco e media da tarde. 

17 de decembro de 2015 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.