publicidade hoxe

Modifícase a distribución das Mesas electorais para o 20D no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

No proceso de preparación dos espazos de acollerán as mesas de votación o vindeiro dominigo, teñense producido dous cambios con respecto aos anteriores comicios. Por solicitude da dirección do centro Rosalía de Castro tres mesas electorais que xeralmente se ubicaban nas aulas serán trasladas ao pavillón do centro. Este cambio resposta á complexidade de desmontaxe e montaxe das aulas de educación infantil e pretende simplificar, polo tanto, o posterior proceso de limpeza. 

Por outra banda, no referido ao Colexio Conmeniño tense divido a mesa habitual en dúas xa que os máis de 900 veciños e veciñas censados resultaban demasiado numerosos para unha única mesa, especialmente no caso dunhas eleccións xerais onde deben contabilizarse dous tipos de papeletas distintos.

Lémbrase que a información sobre a mesa de votación que corresponde a cada veciño ou veciña é remitida aos domicilios na tarxeta censal. 

16 de decembro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.