publicidade hoxe

Martes de contacontos en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia organiza dúas sesións de Contacontos para estas vacacións de Nadal dirixidas ós máis pequenos e ás súas familias. As actividades levaranse a cabo os martes 22 e 29 de decembro a partir 17:00 horas e a entrada é libre.

PROGRAMA:

Martes 22 de decembro no Centro Social de Barrantes a partir das 17:00h.

“Contos na lareira”: A actividade distribuirase en dúas sesións: unha primeira que contará  coa lectura dunha gran variedade de contos (poemas, mímica, contos interactivos…) e unha segunda na que os pequenos poderán participar nun taller de creación de títeres de pao, de escenificacións e atrezzo.

Duración aproximada: 2h 30min

Martes 29 de decembro na Casa da Cultura de Ribadumia (Biblioteca Municipal) a partir das 17:00 horas

 “Un paxe real en apuros”: visita moi especial por parte dun dos paxes das súas maxestades os Reis Magos. Este paxe real contará ós pequenos cómo é a vida na corte real e cómo se preparan para esa noite tan especial, todo acompañado de historias, anécdotas e vivencias.

Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia esperamos unha boa acollida por parte dos pequenos e as súas familias e convidamos a todos os veciños a disfrutar deste Nadal coa maxia e imaxinación dos contacontos. 

17 de decembro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.