publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Infraestruturas pon en servizo o último treito da estrada que une Ponte do Porto e Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLaxeLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de rematar as obras de mellora na estrada que une as localidades coruñesas Ponte do Porto e Laxe (AC-433).

Con estas actuacións optimizáronse as condicións dunha estrada que descorre por unha das zonas máis representativas da xeografía galega, ao atravesar por unha zona de Paisaxe Protexido denominado Penedos de Pasarela e Traba e moi próximo á Costa da Morte.

Estas accións posibilitan unha mellor mobilidade dos habitantes desta zona e un acceso máis favorable para os visitantes, efectos que se verán potenciados coa posta posta en servizo da Autovía da Costa da Morte no ano 2016.

O acondicionamento dos máis de 12,7 quilómetros de estrada, que implicaron un investimento de 3,6 millóns de euros, consisten no ensanche da calzada e na mellora das condicións de seguridade da vía entre o núcleo de Rescindes e Laxe. Para conseguir estes obxectivos foi ademais necesario deseñar variantes da estrada que evitan o paso polas travesías dos núcleos de Soesto e de Serantes.

Nun primeiro treito, dende o inicio da obra en Rescindes e ata o quilómetro 3+300, que coincide co trazado no concello de Vimianzo, ensanchouse a estrada un metro; no segundo treito, ata o qm 9+740, acondicionouse a vía a unha sección de 6 metros de ancho de modo que se compatibiliza a mellora da estrada coa adaptación á orografía e ao alto valor ambiental da zona que percorre.

Os traballos finais centráronse na execución da variante de Soesto, zona na que apareceu un camiño de acceso ao castro de Castrelo, que obrigou a adaptar o trazado e a configuración da estrada neste punto. Así, deseñouse un paso superior, unha fiestra arqueolóxica que permite conservar na súa ubicación orixinal este camiño. A sección da estrada nesta zona conta con dous carrís de 3,25 m de ancho cada un deles, e beiravías de 0,25 m, e habilitouse un aparcadoiro e un camiño de acceso ao propio castro.

4 de decembro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.