publicidade hoxe

Fin de semana cheo de actividades no Nadal de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello continúa coas actividades programadas  para este Nadal. Concretamente, para mañá sábado, temos un amplio espectro de actividades organizadas dende as concellerías de cultura e turismo respectivamente.

Visita de Papá Noel polas parroquias. Montado no seu vehículo especial, vai percorrer tódalas parroquias con arranxo ao seguinte horario:

-11:00 h. Centro Social de Monte.

-11:30 h. Escola de Gulpilleiras, na Rigueira.

-12:00 h. Club Palmeiro.

-12:30 h. Centro Social do Cruceiro.

-13:00 h. Centro Social de A Vara.

-13:30 h. Centro Social de Vilachá.

-14:00 h. Pórtico da Igrexa de Morás.

-14:30 h. Centro Social de Lago.

-15:00 h. Centro Social de Sumoas.

Desto xeito, tódolos neno/as do Concello terán a posibilidade de estar con Papá Noel.

Inauguración do Belén Municipal. O Belén, que foi montado polo personal do Concello e que ocupa unha boa parte do Parque do Centro Cívico, vaise inaugurar a partires das 17:00 horas de mañá sábado.

Como en cada edición, nesta inauguración participarán os alumnos e alumnas da Escola de Maiores do Concello de Xove e, como novidade, este ano 2015 estarán acompañados polos nenos da Grupo de Teatro da ACD Xove. A coordinación desta montaxe corre a cargo do Laboratorio de Investigación Social.

A inauguración contará cun guión narrado para que o público poda seguir á acción que se desenvolve na Aldea de Belén, protagonizada polos anciáns e polos nenos.  Deste xeito, ademais de dar comezo á grande atracción que supón cada ano o Belén Xigante de Xove cunha proposta teatral atraente, queremos lograr unha colaboración xeneracional entre as persoas máis maiores do Concello (que representan esta función dende hai sete anos), e os actores e actrices máis pequenos do Grupo de Teatro.

Inauguración da Exposición de Fotografía de Cristian Carabalí. Esta vai ser a última das actividades programadas pola Concellería de Cultura para mañá sábado. A mesma vai comezar orredor das 19:00 horas, despois de rematada a presención do vídeo “Xove emociona”, da cal falaremos de seguido. 

Presentación do vídeo promocional do Concello de Xove “XOVE EMOCIONA”. Ademáis da presentación deste vídeo, vanse presentar tamén as novas  Guías Turísticas, iniciativas estas impulsadas dende a concellería de turismo. Esta presentación vaise desenvolerse a partires das 18:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Tanto o vídeo como as guías son produtos profesionais do audiovisual, cos que, a través de modernas técnicas de filmación, tratamos de mobilizar o estado de ánimo dos espectadores, neste caso visitantes ou posibles visitantes de Xove.

Nas imaxes non só se mostra a beleza paisaxística das tres contornas de Xove: montaña, val e abrupta costa, senón tamén se presenta un Estilo de Vida; marcado pola tranquilidade e a solidariedade tracional das Aldeas de Xove (representativa de calquera núcleo de poboación rural de Galicia).

O propósito principal destas dúas iniciativas é que o número de forasteiros aumente e que emerxan novas empresas de atención a visitantes, integradas na disposición da vida rural das aldeas de Xove. Formas de vida que avancen en paralelo con propostas ecolóxicas de respecto e conservación do entorno natural.

O lema da proposta é sinxelo: “Vivimos nun lugar único. Sabémolo. E queremos mostrarllo ao mundo” 

Por último, decir que a todas estas actividades (inauguración do belén xigante, presentación do vídeo e guías promocionais e inauguración da exposición de fotografía) están invitados tódolos xovenses e visitantes do noso Concello, tratándose de actos totalmente abertos ao público en xeral.

18 de decembro de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.