publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido un incendio nun alpendre en Pazos de Borbén próximo a un depósito de propano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros de Baixo Miño traballaron durante toda a noite na extinción dun incendio que afectou a un alpendre que almacenaba madeira en Pazos de Borbén (Pontevedra), situado preto dun depósito de propano. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, un particular alertou sobre as 23.45 horas deste xoves de que se estaba producindo un incendio nun alpendre de madeira anexo a un local de hostalaría e próximo a un depósito de propano. O alertante sinalou que, aínda que non había persoas afectadas, o lume era “moi forte”.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Baixo Miño, así como os Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil, a Policía Local e membros de protección civil de Mos e Redondela. O lume quedou extinguido sobre as 6.00 horas da madrugada, aínda que os bombeiros continúan arrefriando e supervisando a zona dada a gran cantidade de madeira que albergaba o alpendre.

18 de decembro de 2015 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.