publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Estela Suárez Recouso e Héitor Picallo Fuentes presentan o conto infantil “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOrosoPortada dereita
A-
A+
"Non quero xogar as agachadas coa lúa" de Estela Suárez e Héitor Picallo

“Non quero xogar as agachadas coa lúa” de Estela Suárez e Héitor Picallo

A escritora Estela Suárez Recouso e o ilustrador Héitor Picallo Fuentes presentarán o venres 18 de decembro, ás 20.00 h, o conto infantil “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”.

A obra conta coa colaboración do Concello de Oroso e será presentada no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa en Oroso, nun acto aberto a todos os públicos e no que a entrada é de balde.

Este conto infantil está escrito pola veciña de Oroso, Estela Suárez, e está acompañado de traballadas ilustracións que correron a cargo de Héitor Picallo, natural de Cuntis.

A historia céntrase na relación de amizade que establece a lúa e o protagonista, un cativo chamado Xan.

Presentación con actuación musical

No acto de presentación contarase coa participación da autora Estela Suárez, o ilustrador Héitor Picallo; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; o escritor e profesor Miro Villar e o responsable da empresa que publica o libro, Manuel Núñez. A cita contará ademais coa actuación do cantautor Manoele de Felisa que interpretará diversas cancións infantís para o público asistente.

 Estela Súarez Recouso

Estela Suárez está licenciada en Filoloxía Galega e actualmente atópase estudando Pedagoxía. O seu primeiro certame literario gañouno na súa localidade natal, Oroso, en 1999 momento no que comezaría a súa andaina literaria, sucedéndose diversos premios en certames de narrativa e relatos curtos. Entre os últimos recoñecementos recibidos atópase o primeiro premio á mellor curta no V Certame de Curtas para Rosalía da ASPG e o segundo premio do III Concurso de Curtametraxes “E ti que ves?” de Adega; ambos neste ano 2015.

 

 

12 de decembro de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.