publicidade hoxe

Estabilizado o incendio forestal rexistrado en Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal que afecta dende a noite do mércores ao concello coruñés de Mañón e que afectou xa a unhas 20 hectáreas. Segundo informou este departamento autonómico, o lume, iniciado sobre as 23,30 horas do mércores na parroquia de Ribeiras do Sor, quedou estabilizado sobre as 10,00 horas deste xoves. Nos labores de control deste incendio traballan nestes momentos un técnico, oito axentes forestais, 11 brigadistas e tres motobombas.

17 de decembro de 2015 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.