publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas feridas nunha colisión en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

As dúas persoas feridas o accidente de tráfico rexistrado na mañá deste martes no municipio de Cabanas (A Coruña) atópanse ingresadas en estado grave, aínda que ambas están estables. Segundo informou o 112, o sinistro tivo lugar sobre as 7,50 horas deste martes na estrada N-651. O impacto deixou a unha persoa atrapada, que tivo que ser liberada polos Bombeiros de Ferrol. Ambos os condutores resultaron feridos.

Até a zona desprazáronse dúas ambulancias asistenciais do 061 e un médico da PAC da zona, que trasladaron ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol a unha muller de 62 anos e iniciais M.C.R.G., en ambulancia asistencial acompañada polo médico; e un home de 21, A.F.V., na outra ambulancia.

Ademais, no operativo participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, membros do GES de Mugardos e o servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, polos restos que quedaron esparexidos pola vía.

EN ESTADO GRAVE

Segundo confirmaron fontes sanitarias, a muller ferida atópase en estado grave, aínda que estable, ingresada na UCI do Hospital Arquitecto Marcide.

Pola súa banda, o mozo ferido tamén esta en estado grave por mor dunha fractura maxilofacial. Aínda que permanece no hospital ferrolán, fontes sanitarias apuntaron que está previsto trasladalo ao Hospital da Coruña, centro de referencia para este tipo de lesións.

1 de decembro de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.