publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas feridas graves nun accidente de tráfico en Pol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPolPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas resultaron feridas de carácter grave este venres nun accidente de circulación acontecido na estrada N-640, ao seu paso pola localidade lucense de Pol. Segundo informaron os servizos de emerxencias, o accidente tivo lugar pouco antes das 8.00 horas deste venres no quilómetro 64 da estrada N-640, onde colisionar dous vehículos.

Como consecuencia do choque, os condutores dos turismos quedaron atrapados e foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberalos.

Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos do GES da Pontenova, a Garda Civil e Urxencias Médicas 061, que trasladou a ambos os dous feridos ao Hospital Lucus Augusti. A colisión obrigou a cortar durante algún tempo a vía, que xa está aberta ao tráfico.

18 de decembro de 2015 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.