publicidade hoxe

Dezaoito veciños de Frades participan nun curso para obter o carné de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Un total de dezaoito veciños e veciñas de Frades participaron nun curso de manipulador de alimentos, de tres horas presenciais, e organizado polo Concello de Frades. Deste xeito, obtiveron unha credencial imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos como bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, fábricas de envasado e manipulación, hostalería, comercio, sector cárnico e pescados, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio, etc.

O alumnado aprendeu temas relacionados coa nutrición e coa hixiene, así como coa manipulación dos alimentos. Así mesmo, analizaron os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración. Nestes últimos cinco anos xa son 92 os veciños e veciñas de Frades que obtiveron ou renovaron o carné de manipulador de alimentos.

21 de decembro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.