publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deputación de Pontevedra e Estrella Galicia formalizan a adquisición das dúas parcelas no polígono de Barro-Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroLocal PortadaMeisPontevedra
A-
A+
David Regades e Santiago Ojea

David Regades e Santiago Ojea

A Deputación de Pontevedra e Hijos de Rivera SAU Estrella Galicia asinaron este mércores, nunha notaría de Caldas de Reis, a operación de adquisición das dúas parcelas que a empresa ocupará no polígono de Barro-Meis e que a Xunta de Goberno provincial adxudicou por unanimidade o pasado 29 de outubro.

A cervexeira desembolsou 683.003 euros por estes terreos, que suman un total de máis de 5.000 metros cadrados e que utilizará para desenvolver a súa base loxística de distribución cun investimento próximo ao millón de euros.

Con esta operación con Estrella Galicia a Deputación de Pontevedra consegue darlle un novo impulso ao polígono de Barro-Meis, o maior parque empresarial da comarca, con 27 parcelas xa ocupadas.

16 de decembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.