publicidade hoxe

Curtis conxelará en 2016 as taxas e impostos municipais que manterán as tarifas de 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Co fin de non sobrecargar as economías familiares, o Concello de Curtis volverá en 2016 a conxelar as taxas e impostos dependentes da administración local. É dicir, os veciños pagarán polos servizos municipais o mesmo que en 2013 ao ser este o terceiro ano consecutivo que o Goberno local aposta por non gravar os tributos. A proposta levará para a súa aprobación ao pleno de orzamentos deste mes.

A conxelación afectará tanto aos servizos de xestión directa por parte do Concello como aos xestionados por empresas concesionarias como o tratamento de auga potable ou o saneamento de augas residuais, nos que a administración local asumirá a subida do custo do IPC para que non repercuta nos veciños.

O alcalde Javier Caínzos destacou a boa saúde financeira do Concello, que o ano pasado xa puido amortizar de forma anticipada a débeda viva, o que permitirá que a economía municipal aguante ao non incrementar os impostos nin se vexa afectada pola rebaixa nos ingresos previstos polo IBI tras a aplicación das bonificacións nas explotacións gandeiras e ás familias numerosas. 

No capítulo de ingresos, mantense estable o referido ás transferencias correntes pero increméntase bastante o previsto vía transferencias de capital, un 233%, debido a que se contará con maiores ingresos por subvencións.

21 de decembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.