publicidade hoxe

Cores Tourís supervisa as melloras executadas nas conexións do saneamento do concello de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+
Cores Tourís supervisando as obras en Moraña

Cores Tourís supervisando as obras en Moraña

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá Moraña, invitado pola alcaldesa da localidade, Luisa Piñeiro, para comprar as melloras executadas na rede de saneamento do municipio.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez.

O concello puido executar estas obras grazas a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia e coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que permitiu a sufragación do 80% do custo total.

En concreto, os traballos supuxeron a eliminación de fosas e conexión de tres fases de saneamento e a súa conexión coa EDAR do municipio: en Igrexa, Casal e Souto. En concreto, segundo explicaron os técnicos presentes na visita, hoxe púxose en funcionamento o último destes tres enganches, o de Souto, o que permitiu que a conexión fora en cadea, dunha conexión a outra, quedando así o servizo completado.

Tal e como puido comprobar o delegado territorial, as primeiras obras realizadas tiveron lugar nos lugares de Igrexa e Casal, e foron executadas para Augas de Galicia pola empresa Espina Obras Hidráulicas S.A. e consistiron na construción dun pozo de bombeo con dúas bombas de 2,4 kw e conexión eléctrica, executándose tamén dous treitos de colectores de 180 metros e 124 metros en PVC, respectivamente.

En relación a segunda obra executada, á que hoxe entrou en funcionamento, foi levada a cabo no Souto, pola empresa Lancer Proyectos y Obras S.A. e consistiron na eliminación dunha fosa séptica situada neste lugar, que recollía os vertidos de varios núcleos das parroquias de Laxe, Lamas e Santa Xusta, substituíndoa por un bombeo que impulsa ata a EDAR os ditos vertidos. O bombeo consta dun pozo de 3,75 metros cúbicos, con dúas bombas de 2,4 kw, una impulsión de 238 metros de lonxitude e 110 mm de diámetro en polietileno.

1 de decembro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.