publicidade hoxe

Controlado un incendio forestal en Chandrexa de Queixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChandrexa de QueixaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal que comezou na tarde do domingo no municipio ourensano de Chandrexa de Queixa quedou controlado na mañá deste luns. Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume comezou ás 19,08 horas do domingo na parroquia de Queixa, do municipio de Chandrexa de Queixa, e quedou controlado ás 11,14 horas deste luns.

As estimacións provisionais apuntadas pola Consellería de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este lume en máis de 20 hectáreas. Nos labores de extinción deste incendio traballan catro axentes forestais, 12 brigadas e unha motobomba.

7 de decembro de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.