publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello de Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Mañón, parroquia de Ribeiras do Sor. O lume iniciouse onte ás 23:28 horas da noite e quedou controlado ás 12:35 horas deste mediodía. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase arredor das 20 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 11 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

17 de decembro de 2015 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.