publicidade hoxe

Continúa aberto o prazo de inscrición para a XVII San Silvestre de Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

Organizada polo Concello de Castrelo de Miño o vindeiro 31 de decembro ás 16:30 horas terá lugar en Castrelo de Miño a XVI Edición da San Silvestre.
A inscrición realizase a traveś da web www.castrelo.gal ata o 26 de decembro.  Nestes primeiros días de inscrición a través da web xa se superaron os 250 inscritos (maiores e menores de 18 anos), o que fai presaxiar unha alta participación na proba que pode superar a marca histórica de pasados anso.

Todos os participantes recibirán unha camisola conmemorativa de agasallo, así como o xa tradicional chocolate quente ao remate da proba. O percorrido da proba será similar ao da pasada edición ao redor das instalacións do parque náutico. A dispor dos participantes estarán os vestiarios e duchas do parque naútico.

23 de decembro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.