publicidade hoxe

Conde salienta a Faurecia como motor do emprego industrial e exemplo da competitividade da automoción galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cibrao das Viñas
A-
A+
Francisco Conde na visita a Faurecia

Francisco Conde na visita a Faurecia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe á factoría ourensá de Faurecia como motor do emprego industrial da comarca e exemplo da competitividade da automoción galega. Durante unha visita á planta, situada no polígono de San Cibrao das Viñas, o conselleiro destacou aos máis de catrocentos empregados da fábrica como sinal dese compromiso coa xeración de postos de traballo e coa aposta por colocar aos seus traballadores e ao seu equipo directivo como centro da súa estratexia de mellora.

Conde destacou a consolidación de San Cibrao como “polo da industria de compoñentes” de automoción, contribuíndo á boa marcha do sector a través dun pulo á produción e ás exportacións. Neste senso, subliñou o crecemento do 7% no IPI da automoción ata outubro con respecto ao mesmo período de 2014, e o incremento dun 2% nas exportacións de enero a setembro, un 2% máis que o ano pasado. “Uns resultados moi positivos” que, resaltou o conselleiro, responden a un compromiso coa competitividade de todas as compañías do polígono.

Conde subliñou o esforzo de Faurecia como un dos puntais da automoción galega, unha posición que, destacou, a provincia ourensá se ten gañado grazas a unha decidida aposta pola innovación, a diversificación, a loxística, a productividade e a xeración de postos de traballo.

Neste senso, Conde resaltou o intenso traballo de Faurecia para facer fronte aos retos de futuro. Uns retos que pasan, defendeu, por estar preparada para dar resposta aos novos desafíos de Citroën, por continuar traballando para Renault -para o que xa ten conseguido a fabricación de compoñentes interiores do Megane 4- e, pola implantación da fábrica intelixente, facendo a súa factoría “máis competitiva e poñéndoa en mellores condicións cara a futuro”. O conselleiro resaltou o compromiso do Goberno galego de acompañar á industria de compoñentes nese esforzo, “acompañando ás industrias auxiliares nos seus plans de investimento cara a futuro”.

15 de decembro de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.