publicidade hoxe

Comezan as actividades de Nadal en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño informa do inicio das actividades de Nadal. Do 13 de decembro ao 10 de xaneiro de 2016: Exposición de Arte “Alén do Miño”, no Castelo de Dona Urraca. Entrada gratuita, abrirase de venres a domingo, en horario de 10 a 13.30 e de 16 a 19.00horas.

Artistas que participan:

Portugal: 
Arnaldo Alves – Viana – Pintura
Alvaro Torres – Moledo – Pntura
Lucio Torres – Moledo – Cerámica / escultura
Manuel Lima – Moledo – Pintura
Victor Alves – Moledo – Pintura
Galicia:
Santarelli – Ribeira – Pintura
Severiano Lago – Mos – Escultura
Rosa Porto – Salvaterra – Pintura
Alfonso Vicente Rey – A Guarda – Grabados
Añon – Salvaterra – Cerámica / Escultura

Xoves 17 de decembro: de 10.00 a 13.00h, Obradoiro de Adornos de Nadal para Adultos. Lugar: Casa de Cultura de Salvaterra

Venres, 18 de decembro. Ás 21.30h, Concerto de Nadal do coro Lacedurium e da Coral Ecos do Folón. Lugar: Salón de Actos da Casa de cultura de Salvaterra

Sábado, 19 de decembro:  Representación da obra de Teatro Infantil “A meiga e o emperador”. A continuación presentación por parte da autora, Raquel Castro martínes, de dúas publicacións teatrais. Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra. 

Do 19 ao 24  de decembro, Tren “chuchu” gratuito, con saídas ás 10.00 – 12.00 – 13.00 – 16.00 – 17.00 e 18.00h (Eurocidade Salvaterra – Monçao). Saída: Entrada Parque Público A Canuda, e parada de 45’ en  Monçao.

O luns, 21 de decembro, comeza o Campamento Infantil de Nadal, para ne@s de 5 a 10 anos, na Biblioteca Municipal, que terá lugar os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro.

O luns tamén comenzan os obradoiros de cociña Infantil, neste caso elaboración de galletas, de 10.30 a 12.30, para nenos de 6 a 10 anos, que se repetirá o mércores 23 de decembro, e pola tarde de 17.00 a 20.00h, empezará o curso de 3 días de cociña de Nadal para adultos, que terán lugar os días 21, 22 e 23 de decembro. 

O luns e martes, 21 e 22 de decembro, as Escolas Deportivas de Salvaterra, farán tamén o seu xa tradicional Torneo Solidario de Fútbol Base.

O martes 22 de 10.30 a 12.30 Obradoiro de Cociña para nen@s de 11 a 15 anos de “Elaboración de Cupcakes”.

O mércores ás 17.00h, cine infantil coa película “Hogar dulce Hogar”, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra”

Xoves, 24 de decembro, visita de Papá Noel. Chegará en barco polo río Miño sobre ás 16.00h ao embarcadoiro e fará un percorrido polas rúas da Vila. Ás 17.00h estará na Praza do Concello, onde recibirá aos máis cativos.

Venres, 25 de decembro, ás 19.00h Concerto de Nadal da Banda de Música de Salvaterra, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra 

16 de decembro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.