publicidade hoxe

Comezan as actividades de conciliación de Nadal en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Algúns dos participantes nas actividades

Algúns dos participantes nas actividades

Os nenos e nenas do concello de Ordes iniciaron hoxe as súas actividades de conciliación. Unha iniciativa desenvolvida polo Concello en colaboración coa empresa Con Talento, contando tamén coa aportación económica da Deputación da Coruña.

No ‘Christmas Camp 2015’ participan máis de 30 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos. Ao longo dos vindeiros días todas e todos eles desenvolverán actividades e obradoiros creativos, entre os que non faltarán a creación de agasallos e elementos decorativos de Nadal, clases de repostería, saídas a lugares de interés e parques públicos e ata un mercado de troco cuxos beneficios serán doados a Cáritas.

Con esta convocatoria o Concello de Ordes pretende facilitar a conciliación da vida familiar durante as vacacións de Nadal. O horario vai de 9 a 14 horas, aínda que tamén se ofrece a posibilidade de amplialo tanto pola mañá, dende as 7.30 horas, como pola tarde. Incluso é posible inscribir aos nenos e nenas por días soltos.  Outras novidades con respecto a convocatorias anteriores son os servizos de almorzo, xantares ou merendas.

21 de decembro de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.