publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comeza en Mondariz o programa “Nadal en galego”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizPontevedra
A-
A+

‘Por que é salgada a auga do mar?’ é o título da obra teatral infantil que mañá, martes día 8 ás 17:30 horas, se celebrará no Centro Social e Cultural de Mondariz. Trátase dun espectáculo que se enmarca no programa ‘Nadal en galego’ que promove a Deputación de Pontevedra. “Un programa que se inicia en Mondariz e que levará a varios concellos da provincia una serie de espectáculos para público familiar para que nestas datas tan significativas, sobre todo para os e as máis cativas, tamén se poida gozar dunha oferta cultural na que o noso idioma estea presente” sinalou o deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística, Xosé Leal.

‘Por que é salgada a auga do mar?’ é una obra da compañía especializada en teatro infantil Os Quinquillans, que levan representando esta peza por todas a comarcas de Galiza desde o verán do ano pasado. Trátase dunha historia protagonizada por dous personaxes que conseguen introducir aos máis pequenos e pequenas na propia liña argumental facéndoos participar activamente no desenvolvemento da trama.

Grazas á Tripulanta Rías Baixas e ao Tripulante Norai, que discuten sobre a orixe salgada da auga do mar, os rapaces e rapazas coñeceran una lenda tradicional e o fondo submariño, para o que serán dotados cun atrezzo básico por parte dos propios actores, para podelos acompañar polos percorridos que se lles propoñen. Trátase dun espectáculo que xoga coa controversia entre as crenzas populares e os estudos científicos de xeito ameno e lúdico, e que ten unha duración de preto dunha hora. Está dirixido a todos os públicos pero desde a compañía recoméndase que os cativos e cativas sexan maiores de 3 anos.

7 de decembro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.