Cee pon en marcha a II Campaña de recollida de xoguetes e contos para este Nadal
O departamento de Educación Familiar do Concello de Cee, pon en marcha II Campaña de recollida de xoguetes e contos para este Nadal, co obxetivo de que todos os nenos e nenas poidan ter o seu agasallo e disfruten dun Nadal máxico.
Os xoguetes e contos poden ser usados(sempre que estén en bo estado) ou novos. Os puntos de recollida serán na primeira e segunda planta do concello, ao carón da árbore de Nadal; ata o 4 de Xaneiro do 2016.
¡ CONSIGAMOS O SORRISO DOS NOSOS NENOS E NENAS NESTE NADAL!