publicidade hoxe

Carreira de resistencia de Slot en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O club Slotmaior organiza o primeiro fin de semana de xuño  o Trofeo Concello de Soutomaior de Slot. Unha carreira de resistencia de 6h no seu espectacular circuíto Ninco de 4 rúas, cos modelos de grupo C de Slot.It e un regulamento similar ao utilizado en pasados campionatos de Europa.

Terá lugar no local anexo á Caf. Piñeiro situada na estrada Soutomaior-Pontecaldelas a uns 300 metros da casa do Concello de Soutomaior.

O slot (Scalextric), autoestradas en miniatura ou fórmula de salón é un deporte competitivo consistente en facer correr os automóbiles a escala equipados con motores eléctricos o máis velozmente posible por unhas pistas equipadas con ranuras especialmente deseñadas para iso, de onde se alimentan electricamente os coches e é destas ranuras polas que vén o nome do termo inglés “slot”.

A carreira desenvolverase en 2 a 4 series de 6h, os días venres 18 , sábado 19 e domingo 20 de Decembro.

Os equipos serán de mínimo 2 e máximo 3 integrantes en cada equipo tendo que correr os integrantes do equipo un mínimo do 40% da carreira.

Coche: Serán admitidos todos o grupo C da marca slotit. A carrozaría ten que ser estritamente de serie podendo retirar diferentes partes en cada modelo para a colocación da suspensión pero sempre estando no peso mínimo de cada modelo asignado nunha táboa.

Horarios das probas:

Venres de 17.00h a 03:00h
Sabado de 15:00h a 00.30h
Domingo 10.00h a 19:00h 

18 de decembro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.